Galicia Suroeste

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste ten as súas orixes nos Programas de Desenvolvemento Rural que se veñen desenvolvendo no noso territorio, e que nacen no seo da Comisión Europea no ano 1986, coa posta en marcha da Iniciativa Leader, que co paso dos anos se transformou na principal ferramenta para o desenvolvemento rural en toda Europa.

2024

Iníciase o proceso para por en marcha o Programa Leader PEPAC 2023-2027 e a entidade acada importantes proxectos como o Plan de Sustentabiliade Turistica en Destino (PSTD), que reforza a súa proxección no desenvolvemento turístico do xeodestino, que aglutina a 14 concellos (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui).

2014-2020

De cara a continuar coa labor de dinamización e desenvolvemento rural, o tecido asociativo e as institucións do noso territorio deciden buscar novas alternativas que melloren e incrementen os nosos recursos e coincidindo con novo Programa de Desenvolvemento Rural Leader 2014 - 2020 no que se exclúe do noso territorio de actuación o concello de Soutomaior, se amplían os obxectivos e finalidades da asociación e se pasa a denominar Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.

2007-2013

Durante estes anos esta organización foi a encargada de xestionar o Programa Leader Galicia 2007-2013 como entidade colaboradora de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Neste momento se produce a reducción do noso ámbito de actuación, quedando excluídas as parroquias de Vigo por non ser consideradas territorios rurais.

2008

Froito da necesidade de crear entidades no territorio que colaborasen na posta en marcha destas iniciativas cofinanciadas con Fondos Comunitarios, no ano 2008 se produce unha fusión entre as asociacións que xestionaban os Programas Proder II no Baixo Miño e na Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

Esta nova asociación pasou a denominarse Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV- Baixo Miño e aglutinou a 14 concellos (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) e as parroquias do concello de Vigo).


Concellos

Portas abertas

A asociación está constituída por todas as entidades do ámbito institucional, económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse co territorio para o seu desenvolvemento.

A entidade funciona como calquera asociación sen fin de lucro e debe cumprir o principio de “portas abertas” polo que tanto para a súa constitución como posteriormente está obrigada a admitir a calquera organización do territorio que desexe participar no proxecto.

Asóciate
Illas Cíes

Gobernanza

A estrutura da asociación se organiza en mesas sectoriais, e cada unha das mesas ten os seus representantes na Xunta Directiva formada por 21 persoas.

A actividade da asociación é publicada no portal de transparencia.

Mesa institucional

Está formada por todas as administracións públicas que teñen como ámbito de actuación o noso territorio, Concellos, Entidades Locais Menores, Deputación Provincial, Denominacións de Orixe e Cofradías de pesca.

Mesa da muller

Formada por todas as asociacións de mulleres de diversos ámbitos e sectores que actúan no noso territorio, tales como asociacións de mulleres rurais, mulleres con discapacidade, asociacións pola igualdade, emprendedoras ou amas de casa.

Mesa agrogandeira

Formada por todas as asociación que representan as persoas cultivadoras, produtoras e gandeiras con representación no territorio, como produtores de planta, flor, horta, froita, viticultores, as cooperativas agrarias e os sindicatos agrarios.

Mesa de monte e medio ambiente

Formada polas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e as súas Mancomunidades e Agrupacións, as Comunidades de Usuarios e Usuarias de augas e todas aquelas asociacións do ámbito ambiental que teñen por obxecto a defensa e a preservación do noso patrimonio natural.

Mesa de acción social

Formada por asociacións que velan pola igualdade e a defensa dos intereses das persoas con discapacidade, e dos colectivos desfavorecidos e minoritarios, así como aqueles de difícil inserción ou que sofren algún tipo de discriminación.

Mesa de desenvolvemento económico

Formada polas asociacións que representan ao tecido económico e empresarial do territorio tales como asociacións de persoas empresarias, industriais, comerciantes e emprendedoras.

Mesa veciñal, cultural, deportiva e xuvenil

Formada por todas as asociacións do territorio que agrupan aos colectivos sociais a nivel supramunicipal, municipal ou parroquial como é o caso de asociacións veciñais e culturais, centros recreativos, clubs e asociacións deportivas e as asociacións que defenden os intereses das persoas mozas.

A nosa marca

A esencia da marca «Galicia Suroeste» compóñena os seus valores, os seus beneficios intanxibles e os seus diferenciadores emocionais. A nosa esencia vése reflictida na nova marca a través de cinco piares base: autenticidade, calidade, natureza, experiencias e ledicia.

Galicia Suroeste