Proxectos
Creemos no poder do rural para transformar a sociedade a través de pequenas accións locais. Segundo sexan os teus hábitos de vida podes apoiar en gran medida a economía local e rural.
Club de produto
- Produto
- Territorio
- Turismo
Un mecanismo de colaboración que aglutina empresas, organizacións e institucións da cadea de valor turística e do sector primario para facilitar a comercialización de experiencias turísticas, potenciar unha oferta conxunta e mellora a visibilidade dos produtos e servizos do territorio.
Saber máisAs rutas de Galicia Suroeste
Novas experiencias de turismo deportivo e de natureza para descubrir Galicia Suroeste
Saber máisRuralmente
- Ocio
- Produto
- Territorio
Unimos forzas para impulsar e dar visibilidade ao produto local cunha mirada posta na innovación, a calidade e o recoñecemento DOP/IXP. Formación, información e desenvolvemento ao servizo do noso territorio.
Saber máisOs Ceos de Galicia Suroeste
- Ocio
- Territorio
- Turismo
Experiencias únicas para iniciarse na observación dos ceos de Galicia Suroeste.
Saber máisTurismo ornitolóxico
- Ocio
- Produto
- Territorio
Prepara os prismáticos e abre ben os ollos! Unha viaxe polos lugares de interese ornitolóxico de Galicia Suroeste.
Saber máisFestas Sostibles
- Compromiso
- Produto
- Territorio
No noso compromiso coa sustentabilidade, poñemos en marcha a Certificación de Eventos Gastronómicos Sostibles. Esta iniciativa ten como obxectivo promover prácticas responsables co medio ambiente, a economía local e a sociedade na organización de eventos gastronómicos. A certificación baséase nunha guía de boas prácticas que recolle criterios ambientais, sociais e culturais, buscando xerar un impacto positivo dende a planificación ata a execución do evento.
Saber máisParte de ti
- Persoas
- Produto
- Territorio
Mostramos proxectos moi interesantes que tes ao teu carón de concellos como A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño ou Tui.
Saber máisEureka
- Familias
- Ocio
- Territorio
Xogo dixital de escapismo ao aire libre no Xeodestino Galicia Suroeste! Mergúllate nunha emocionante aventura chea de enigmas en plena natureza, con divertidas probas deseñadas para gozar en familia.
Saber máisForo da Muller Rural Galega
- Divulgación
- Persoas
- Territorio
Iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.
Saber máisEscola Eu Rural
- Formación
- Recursos
A ESCOLA EU RURAL é un instrumento do GDR concibido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e ás persoas traballadoras e colectivos sociais implicados no medio rural.
Saber máisCreando Rural
- Divulgación
- Familias
- Infantil
O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural implicando a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna.
Saber máisO teu Xacobeo
- Divulgación
- Ocio
- Produto
O proxecto xera experiencias positivas a través da música, organizando actuacións de grupos locais, en espazos emblemáticos do noso territorio, que están chamadas a ser un lugar de encontro e desfrute para a poboación local e para as persoas que visitan Galicia Suroeste para percorrer o Camiño de Santiago.
Saber máis