Programa Leader

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) impulsada pola Unión Europea. O obxetivo é descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Estratexia 23-27

O GDR

Abarca 13 concellos: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui.

Convenio colaboración AGADER download

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son entidades de natureza asociativa sen ánimo de lucro, integrados por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento local participativa para o seu territorio de actuación.

No período actual de programación comunitaria en Galicia contamos con 24 GDR. Para aplicar a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa, o GDR ten asinado un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dependente da Consellería de Medio Rural, para a xestión e aplicación do Programa Leader no noso territorio.

Para solicitar as axudas da Medida Leader é obrigatorio realizar o procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Oia

o Porriño

Baiona

Fornelos de Montes

Pazos de Borbén

Redondela

Mos

Nigrán

Gondomar

Tui

Tomiño

O Rosal

A Guarda


Estratexias

Estratexia 2023-2027

Estratexia23-27-op

A Estratexia 2023-2027 propón unha folla de ruta dinámica e multisectorial para avanzar cara a un territorio máis sostible, resiliente e inclusivo, dando continuidade aos períodos anteriores.

Saber máis

Estratexia 2014-2020

ProxectosLeader-op

A nosa estratexia aposta por unha innovación que vai máis alá da tecnoloxía, promovendo novas formas de actuar no rural con impacto real e multiplicador no territorio.

Saber máis