PRTR

Plan de Recuperación, Trasformación e Resiliencia, é a estratéxica que formulou o Goberno de España para acelerar a recuperación social e económica xerada polo COVID-19, co financiamento e o apoio da Unión Europea.

Baixo o PRTR puidemos levar a cabo o noso Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD) «A Despensa de Galicia».

PRTR

PSTD

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste e a Axencia de Turismo de Galicia formalizaron un convenio para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística do Xeodestino Galicia Suroeste «A Despensa de Galicia».

Recollemos os 4 eixos de acción principais do PSTD para implementar actuacións de impulso da sustentabilidade turística..

Eixe 1. Transición verde e sostible

  • Actuacións de rexeneración e adecuación do destino para mitigar o cambio climático
  • Plan de xestión de residuos en festas gastronómicas de interese turístico
  • Creación dunha rede de miradores e fomento do turismo astronómico

Eixe 2. Mellora da eficiencia enerxética

  • Iluminación artística e eficiente do patrimonio do xeodestino
  • Creación de rutas cicloturistas en entornos enogastronómicos
  • Homologación de rutas de sendeirismo: «Entre campos e viñedos»

Eixe 3. Transición dixital

  • Plan de sinalización intelixente de recursos enogastronómicos do destino
  • Creación de contidos dixitais vinculados coa enogastronomía

Eixe 4. Competitividade

  • Axudas ao sector empresarial para impulsar a enogastronomía do destino
  • Creación de producto de turismo industrial vinculado á gastronomía
  • Sistema de avaliación do PSTD
  • Oficina técnica do PSTD

Política Antifraude

Galicia Suroeste, recolle no seu Plan de Medidas Antifraude os principios e normas que serán de aplicación nesta materia, anticorrupción e as medidas necesarias para evitar os conflitos de intereses en relación cos fondos provenientes do MRR.

Plan de Medidas Antifraude

A Orden HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no seu artigo 6 relata o reforzo de mecanismos para a prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses. Pretende dar así cumprimento ás obrigas que establece o artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241, de 12 de febreiro, do Parlamento Europeo e do Concello, polo que se establece o Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (en adiante MRR), en onde se fixa que toda entidade decisora ou executora que participe na execución das medidas do PRTR, deberá dispor dun “Plan de Medidas Antifraude” que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes utilizáronse de conformidade cas normas aplicables, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses

Caixa de correo de denuncias

Este Plan de Medidas Antifraude se estrutura en torno aos catro elementos clave do denominado ciclo antifraude: prevención, detección, corrección e persecución, e será de aplicación a todos os órganos e a todo o persoal que interveña na xestión dos fondos.

Ponse á disposición unha Caixa de correo de denuncias para a denuncia de irregularidades e posibles fraudes, casos de corrupción ou conflitos de intereses que unha vez recibidas serán examinadas pola Comisión Antifraude. Calquera persoa que teña sospeitas de fraude poderá notificar a través deste canle de denuncia aberto, as presuntas irregularidades que a este respecto poida detectar. A denuncia será tida en conta e serán comunicados os resultados das xestións realizadas ao respecto.

Documentación de interese

Canle de denuncias

Poñemos á túa disposición o seguinte formulario para consultas ou como canal de denuncias.

Utiliza o código de seguimento da túa denuncia para poder ver o seu estado.