O concurso escolar Creando Rural remata con máis de 4.700 votos do público
Éxito de participación na primeira edición do concurso escolar Creando Rural, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural co obxectivo de achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos e, a través deles, informar sobre a Medida Leader á poboación residente nos 13 concellos que pertencen ao Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14) (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui). En total, 28 aulas de 12 centros escolares de 7 municipios do territorio presentaron os seus proxectos a concurso para participar nalgunha das dúas categorías aberta, educación infantil e primaria. Os colexios participantes foron, por concellos:
- Gondomar:
- CEIP Serra de Vincios
- CEIP Souto Donas
- A Guarda:
- CEIP As Solanas
- Nigrán:
- CEIP Mallón
- Pazos de Borbén:
- CEP Curros Enríquez
- O Porriño:
- Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor
- Redondela:
- CEIP Laredo
- EEI de Ventosela
- CPR Plurilingüe Vigo
- Tomiño:
- CRA Mestre Manuel Garcés. Participou coas escolas da Aurora, de Amorín, de Barro, de Carregal, de Estás, de Figueiró, de Forcadela, do Seixo 2, de Vilachán e de Vilameán.
- EIP Pintor Antonio Fernández
- 6º EI CEIP As Solanas (A Guarda) – categoría educación infantil
- 2º EP CEIP Souto Donas (Gondomar) – categoría educación primaria
- 5ºEI CEIP Laredo (Redondela) – categoría educación infantil
- 5ºEI CEIP Mallón (Nigrán) – categoría educación infantil
- 5ºEP CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) – categoría educación primaria
- 3ºEP CEIP Serra de Vincios (Gondomar) – categoría educación primaria