Fábrica de gominolas Minimelis
- 23-24
- Produtivo
Promotor: Golosinas Mininolas S.L Concello: Nigrán Puntuación: 40 Orzamento elixible do proxecto: 160.000,00 € Importe da axuda: 9.960,25 €
Resumo do proxecto:
O proxecto consistiu no acondicionamento dunha nave existente e a adquisición da maquinaria necesaria para crear e desenvolver unha fábrica de lambetadas sen azucre e baixas en calorías en Porto do Molle en Nigrán.
Se algo caracteriza a este proxecto é a aposta polo talento novo, contando cun equipo de traballo formado por xente moza, formada e con ganas de aprender e desenvolver a súa carreira profesional, así como pola integración e a igualdade de oportunidades, feito que se constata na aposta en firme polo emprego feminino así como pola inserción laboral de persoas con diversidade funcional.
O obxectivo da empresa é facer produtos que melloren a vida das persoas, permitíndonos desfrutar tanto dun momento doce, así como xerar doces que nos axuden a coidar e mellorar a nosa saúde.