Música e viño no teu camiño - Edición emerxentes
- Divulgación
- Formación
- Produto
Música e Viño no teu camiño . Edición Emerxentes” é unha inciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, no marco do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, que busca dar oportnidade e promocionar a pequenos grupos emerxentes da nosa contorna, para complementar a actividade cultural dos nosos concellos.
O proxecto busca xerar experiencias positivas a través da música xerando actuacións que están chamadas a ser un espazo de encontro e desfrute entre a poboación do territorio e as persoas que visitan Galicia para percorrer o Camino de Santiago, ou con motivo do Xacobeo 21-22.
O programa percorreu os 14 concellos que forman parte do Xeodestino con 14 actuacións de 14 grupos musicais emerxentes do territorio e área de influencia, en pequeno formato ou formato acústico nas prazas dos concellos participantes.
A maridaxe perfecta chegará coa promoción e impulso ao consumo responsable dos viños de D.O. Rías Baixas. Nesta edición esto irá a cargo dos establecementos da contorna dos lugares de actuación, onde as persoas participantes poderán gozar dos viños e da gastronomía. Deste xeito, refórzase a actividade dos establecementos hostaleiros, que tan mal o pasaron durante a recente pandemia.