Posta en valor do patrimonio de Amoedo: lavadoiro da cantina e bolos celtas
- 18-19
- Promovidos
Promotor: Concello de Pazos de Borbén Concello: Pazos de Borbén Puntuación: 43,00 Orzamento elixible do proxecto: 2.453,00 € Importe da axuda: 1.405,00 €
Resumo do proxecto:
Este proxecto propón a recuperación do patrimonio material e inmaterial, como recursos turísticos e patrimoniais do concello de Pazos de Borbén, mediante sendas intervencións no lavadoiro da Cantina e no campo de bolos celtas.
Para a súa posta en valor, o proxecto pretende adquirir un panel informativo e unha mesa interpretativa que amosen coñecementos en relación ao citado patrimonio e que axude a protexer e conservar esta riqueza presente no concello.