V Foro - 2025

  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

MOS | 17 de outubro. Ás 19 horas na Cidade Deportiva AFOUTEZA no Concello de Mos.

V Foro - 2025

O “Foro da Muller Rural Galega” é unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para conmemorar cada ano o 15 de outubro, Día da Muller Rural.
 
Con esta iniciativa, desde a Asociación prentendemos dar voz a todas esas mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o noso territorio.
 
É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender no rural, se pode vivir no rural, se pode transformar o rural e que xuntas somos máis fortes.
 
O foro pretende ser un lugar de encontro no que “Compartimos Experiencias e Visibilizamos Realidades”. As nosas mulleres son as protagonistas e cada unha, presenta a súa iniciativa de desenvolvemento no rural.
 
Tras a lectura do Manifesto do día da Muller Rural, o acto remata coa entrega do recoñecemento á muller homenaxeada da edición, por toda unha vida defendendo e impulsando os valores da igualdade e dinamizando a sociedade e o noso territorio.
  
Este Foro promete ser unha importante ferramenta para o coñecemento e a divulgación e cada ano se celebrará unha edición, coincidindo co día da Muller Rural.


Galería de vídeos - V Foro


Galería de imaxes - V Foro

v3FOTO DE FAMILIA MULLERES HORIZONTAL_ 123_MULLERES HORIZONTAL_ MULLERES HORIZONTAL_-2 MULLERES HORIZONTAL_-3 MULLERES HORIZONTAL_-4 MULLERES HORIZONTAL_-5 MULLERES HORIZONTAL_-6 MULLERES HORIZONTAL_-7 MULLERES HORIZONTAL_-8 MULLERES HORIZONTAL_-9 MULLERES HORIZONTAL_-10 MULLERES HORIZONTAL_-11 MULLERES HORIZONTAL_-12 MULLERES HORIZONTAL_-13 MULLERES HORIZONTAL_-14

Máis proxectos de «Foro da Muller Rural Galega»

IV Foro - 2024

IV-Foro-da-Muller-Rural-Galega
  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

REDONDELA | 18 de outubro. A muller homenaxeada nesta cuarta edición foi Encarna Sotelino Dacosta, mariscadora en Redondela, un grande exemplo de traballadora rural.

Saber máis

III Foro - 2023

IIForo_muller_rural_galega
  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

O ROSAL | 20 de outubro. A muller homenaxeada nesta terceira edición foi Luisa Alonso, fundadora de Exclusivas Alonso, un exemplo de emprendemento feminino e aposta polo rural. Tras o mostrador do seu comercio viviu a transformación agraria do Rosal, actualizándose e adaptándose aos novos tempos.

Saber máis

II Foro - 2022

IIForo_muller_rural_galega
  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

TOMIÑO | 14 de outubro. O acto remata coa entrega do recoñecemento á muller homenaxeada da edición, Clara Pousa, por toda unha vida defendendo e impulsando os valores da igualdade e dinamizando a sociedade e o noso territorio.

Saber máis

I Foro - 2021

26-IMG_2538-compressed-scaled
  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

TUI | 15 de outubro. A muller homenaxeada nesta primeira edición do Foro da Muller Rural Galega foi Dna. María Teresa Ubeira Santoro, pedagoga tudense, cofundadora do Centro Neuropsicopedagóxico O Pelouro, dende Caldelas de Tui.

Saber máis