Foro da Muller Rural Galega
- Divulgación
- Persoas
- Territorio
Iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.

Con esta iniciativa, desde a Asociación prentendemos dar voz a todas esas mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o noso territorio.
É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender no rural, se pode vivir no rural, se pode transformar o rural e que xuntas somos máis fortes.
O foro pretende ser un lugar de encontro no que “Compartimos Experiencias e Visibilizamos Realidades”. As nosas mulleres son as protagonistas e cada unha, presenta a súa iniciativa de desenvolvemento no rural.
Este Foro promete ser unha importante ferramenta para o coñecemento e a divulgación e cada ano se celebrará unha edición, coincidindo co día da Muller Rural.
IV Foro - 2024
- Divulgación
- Persoas
- Territorio
REDONDELA | 18 de outubro. A muller homenaxeada nesta cuarta edición foi Encarna Sotelino Dacosta, mariscadora en Redondela, un grande exemplo de traballadora rural.
Saber máisIII Foro - 2023

- Divulgación
- Persoas
- Territorio
O ROSAL | 20 de outubro. A muller homenaxeada nesta terceira edición foi Luisa Alonso, fundadora de Exclusivas Alonso, un exemplo de emprendemento feminino e aposta polo rural. Tras o mostrador do seu comercio viviu a transformación agraria do Rosal, actualizándose e adaptándose aos novos tempos.
Saber máisII Foro - 2022

- Divulgación
- Persoas
- Territorio
TOMIÑO | 14 de outubro. O acto remata coa entrega do recoñecemento á muller homenaxeada da edición, Clara Pousa, por toda unha vida defendendo e impulsando os valores da igualdade e dinamizando a sociedade e o noso territorio.
Saber máisI Foro - 2021
- Divulgación
- Persoas
- Territorio
TUI | 15 de outubro. A muller homenaxeada nesta primeira edición do Foro da Muller Rural Galega foi Dna. María Teresa Ubeira Santoro, pedagoga tudense, cofundadora do Centro Neuropsicopedagóxico O Pelouro, dende Caldelas de Tui.
Saber máis