Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos, previo a súa certificación como Destino Turístico Starlight.
Os traballos para acadar a certificación están a piques de rematar, e neste último trimestre acadarán o ansiado distintivo que promoverá, porá en valor e protexerá os ceos e o dereito ás estrelas.