Galicia Suroeste porá en valor a Lagoa de Orbenlle nas Gándaras de Budiño, a través dunha nova actuación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”
Galicia Suroeste e o Concello de O Porriño traballan xa nas actuacións de posta en valor e sinalización da Lagoa de Orbenlle, dentro do espazo catalogado como Rede Natura 2000 das Gándaras de Budiño.