O produto inclúe a instalación de paneis informativos e interpretativos nos 14 concellos do Xeodestino, situados en espazos naturais de especial interese para a observación de aves.
Cada un dos concellos conta xa con estación de auto reparación de bicicletas e panel informativo e a maiores unha ruta que comunica o Parque Natural Monte Aloia co Monte Santa Trega
Galicia Suroeste presenta en Mos unha nova edición de “Parte de ti”, campaña de apoio ao rural baseada nas historias das persoas que transforman e manteñen vivo o rural.
Máis de 70 persoas participaron no acto de presentación desta nova ferramenta de cooperación, que abre agora o seu proceso de adhesión para as empresas do territorio
O encontro celebrarase este venres nos viñedos Altos de Torona e servirá para dar a coñecer o funcionamento do Club, abrir o proceso de adhesión e favorecer novas colaboracións entre empresas do territorio.
O proxecto Ruralmente, que percorreu varios concellos de Galicia Suroeste, remata cunha xornada sobre marketing dixital destinada a persoas emprendedoras, estudantes e pequenas empresas do rural
A actuación, financiada por Galicia Suroeste a través do PSTD A Despensa de Galicia, combina iluminación funcional e ornamental permitindo resaltar a arquitectura da igrexa e dos elementos patrimoniais da súa contorna
O Destino Starlight “Os ceos de Fornelos de Montes e Oia – Galicia Suroeste” contará este mesmo ano cun segundo miradoiro – observatorio astroturístico en Torroña, no Concello de Oia
Galicia Suroeste en colaboración co concello de Baiona dan un paso máis para mellorar as condicións ambientais da Foz do Miñor, cunha intervención que busca reducir o risco de inundacións e mellorar a mobilidade na contorna.