Nó rural

  • Recursos
  • Territorio
  • Xuventude

Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

Nó rural

A través desta rede para animar a incorporación de persoas no sector primario, pretendemos fomentar a emprendeduría e mellorar a empregabilidade, conectándo ás empresas das áreas rurais co talento da xuventude, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno ao rural.
O obxectivo principal do proxecto é incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais, dinamizando e diversificando a economía dos nosos territorios.


Galería de imaxes

somos box_01 box_02 box_03 box_04

Financiamento e socios

Nesta sección atoparás información sobre as fontes de financiamento e o papel das persoas e organizacións socias no noso proxecto.

Financiamento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades socias do proxecto.

Socios

Asociación Seitura 22 ( Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, Grupo de Desenvolvemento Rural Límia – Arnoia, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Asociación de Desenvolvemento Terra Chá



Proxectos relacionados

A esencia da Orixe

A esencia da Orixe_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

“A esencia da Orixe” é un evento que ten por finalidade poñer en valor e reivindicar a actividade agrogandeira e os produtos do noso rural.

Saber máis

Rede EcoComedores

Rede EcoComedores_capa
  • Compromiso
  • Infantil
  • Produto

Co proxecto Rede EcoComedores buscamos adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico.

Saber máis

Son de monte

Proxecto-SondeMonte-op
  • Recursos
  • Territorio

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte.

Saber máis

Viños das IXP de Galicia

Viños das IXP de Galicia_capa
  • Ocio
  • Produto
  • Territorio

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia.

Saber máis

Eurochef

Eurochef_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

Perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas.

Saber máis