Rede EcoComedores

  • Compromiso
  • Infantil
  • Produto

Co proxecto Rede EcoComedores buscamos adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico.

Rede EcoComedores

Con este proxecto tamén se promocionará os produtos locais, fomentando o consumo en circuítos curtos e contribuíndo á mitigación do cambio climático, xa que se minorará a pegada ecolóxica da alimentación ao tempo que e dinamiza a economía local, fortalecendo a capacidade de produción de pequenas e pequenos produtores, xeralmente mozos e mozas recentemente incorporados a esta actividade no rural.

A iniciativa xurde como continuidade ao proxecto ‘Alimentos da Biosfera’, no que un dos tres obxectivos era a promoción do produto local nos centros escolares con cociña propia, no que se realizou unha experiencia piloto de grande éxito. A Rede EcoComedores incorpora este aprendizaxe previo e novos grupos de desenvolvemento rural socios para amplificar as actuación, desenvolvendo actuacións de capacitación para persoal de cociña e con experiencias reais de cambio de menú con produtos locais, eco e de tempada, que permitirá conectar ás e aos agricultores locais, principalmente ecolóxicos, cos centros con comedor. Tamén se busca divulgar e dar a coñecer o proxecto entre as familias e equipos educativos, así como sociedade en xeral.


Acción formativa para persoal de cociña


Semana de menú con producto local en el CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

IMG_9729-scaled IMG_9706-scaled IMG_9740-scaled IMG_9760-scaled IMG_9765-scaled IMG_9772-scaled IMG_9783-scaled IMG_9781-scaled IMG_9797-scaled IMG_9806-scaled IMG_9813-scaled IMG_9811-scaled

Semana de menú con producto local en el CEIP Plurilingüe Antonio Palacios de O Porriño

8d28e201-cb14-4452-8e0f-0313e1445f59 0fb11e09-12af-4580-b22c-8f34a62c47be 33e1e24f-f10c-491e-a67d-e2ea0de23900 36fcc992-3e57-4730-aec5-1febe698bc51 b617c778-6017-4bc0-a49e-e20568de91e3

Accións formativas nos centros participantes

Formacion-alumnado-Tomino.-EURURAL-scaled-1 Formacion-alumnado-Tomino.-EURURAL-2-scaled-1 Formacion-familias-Porrino.-EURURAL-scaled

Entidades, financiamento e socios

Nesta sección atoparás información sobre as entidades colaboradoras, fontes de financiamento e o papel das persoas e organizacións socias no noso proxecto.

Entidades Colaboradoras

Participan también dúas entidades colaboradoras, GADISA RETAIL, SLU e a Axencia Galega de Servicios Sociais (AGSS), de la que dependen las Galiñas Azuis e na que comen diariamente máis de 2.000 nenos e nenas.

Financiamento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Socios

Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, Asociación Seitura 22, Asociación Ulla-Tambre-Mandeo, Asociación Desenvolvemento Comarcal Terras de Miranda, Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá, Asociación Terras de Lugo, Asociación Montes e Vales Orientais, GDR A Limia-Arnoia, Asociación Condado-Paradanta.

Actuacións

  • Asesoramento nutricional aos centros escolares. Acompañar á comunidade escolar durante o curso para revisar os menús dos centros, analizando as necesidades e cambios para elaborar menús saudables, de produto local, de tempada e ecolóxico sen que supoña un incremento económico.


  • Seminarios de formación ao persoal de cocina con charlas teóricas sobre a importancia da temporalidade, a estructura base dun menú e as fichas técnicas e cun Obradoiro práctico de elaboración de pratos e cálculo de ingredientes para elaborar as fichas técnicas e calcular o prezo do menú.


  • Xornadas de menú con produto local e/ou ecolóxico. Organizar xornadas de menú con produto local e/ou ecolóxico ao longo do anoen cada un dos centros educativos participantes para promocionar os productos locais, facilitando a comercialización en circuítos curtos.


  • Accións de información e comunicación coas que divulgar e dar a coñecer o proxecto entre as familias e equipos educativos.




Proxectos relacionados

A esencia da Orixe

A esencia da Orixe_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

“A esencia da Orixe” é un evento que ten por finalidade poñer en valor e reivindicar a actividade agrogandeira e os produtos do noso rural.

Saber máis

Son de monte

Proxecto-SondeMonte-op
  • Recursos
  • Territorio

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte.

Saber máis

Nó rural

Nó rural_capa
  • Recursos
  • Territorio
  • Xuventude

Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

Saber máis

Viños das IXP de Galicia

Viños das IXP de Galicia_capa
  • Ocio
  • Produto
  • Territorio

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia.

Saber máis

Eurochef

Eurochef_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

Perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas.

Saber máis