Viños das IXP de Galicia

  • Ocio
  • Produto
  • Territorio

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia.

Viños das IXP de Galicia

Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.


Viños das IXP de Galicia. Viños que falan de nós


Galería de imaxes

vino-_0001_268298610_134424879033612_8273014274338505801_n vino-_0002_266162352_128718532937580_8382421049326820245_n vino-_0003_265110627_128718522937581_2716869813725356354_n vino-_0004_264730029_128718519604248_6814852415983616258_n vino-_0005_257998915_121071483702285_1142574080025244649_n vino-_0000_267068525_134424882366945_2379022831215017480_n vino-_0006_258773406_121071427035624_4923195906427581422_n vino-_0007_258533572_121071410368959_1779432942985587901_n vino-_0009_258098129_121071397035627_3864856704802668249_n vino-_0008_257920866_121071407035626_2084221789495849836_n

Entidades, financiamento e socios

Nesta sección atoparás información sobre as entidades colaboradoras, fontes de financiamento e o papel das persoas e organizacións socias no noso proxecto.

Entidades Colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia

Financiamento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Socios

Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Asociación Galicia Suroeste Eurural, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, Grupo de Desenvolvemento Salnés-Ulla-Umia e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.



Proxectos relacionados

A esencia da Orixe

A esencia da Orixe_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

“A esencia da Orixe” é un evento que ten por finalidade poñer en valor e reivindicar a actividade agrogandeira e os produtos do noso rural.

Saber máis

Rede EcoComedores

Rede EcoComedores_capa
  • Compromiso
  • Infantil
  • Produto

Co proxecto Rede EcoComedores buscamos adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico.

Saber máis

Son de monte

Proxecto-SondeMonte-op
  • Recursos
  • Territorio

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte.

Saber máis

Nó rural

Nó rural_capa
  • Recursos
  • Territorio
  • Xuventude

Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

Saber máis

Eurochef

Eurochef_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

Perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas.

Saber máis