Espazos Efémeros II

Unha rede para reinventar o rural a través do comercio, a cultura e o emprendemento. Espazos Efémeros II é un proxecto de cooperación que busca dar nova vida ao rural. Durante 2026 e 2027, os grupos de desenvolvemento rural AD Galicia Suroeste, a AD Limia Arnoia e a ADR Ulla Tambre Mandeo unirán esforzos para crear unha rede de tendas temporais sostibles que funcionarán como espazos de encontro, visibilización e dinamización.

Espazos Efémeros II

Que son os espazos efémeros?

Son tendas temporais sostibles que combinan diferentes funcións: puntos de venda para produtores, artesáns e persoas emprendedoras, escenarios de programación cultural e gastronómica, lugares de encontro comunitario e nodos de atracción turística e dinamización social. Cada espazo efémero será unha oportunidade para experimentar novas formas de comercio, para que as persoas emprendedores poidan testar os seus produtos e para que a veciñanza e visitantes descubran a riqueza do territorio.

Obxectivos do proxecto

  • Reforzar o pequeno comercio e mellorar a súa competitividade.
  • Apoiar a aparición de novas iniciativas emprendedoras, con especial atención a mulleres e mocidade.
  • Atraer talento creativo ao rural en ámbitos como artesanía, agroecoloxía, moda, música ou gastronomía.
  • Potenciar o sentimento de orgullo e pertenza local.
  • Crear unha rede transnacional de boas prácticas que sirva de exemplo para outros territorios.


Quen está detrás?

O proxecto está liderado por tres grupos de desenvolvemento rural:

Xuntos traballan nun modelo común, con metodoloxía compartida, unha identidade gráfica conxunta e unha estratexia de comunicación que contribuirá á visibilidade do proxecto.

Actividades principais

  • Acto público de lanzamento e presentación do proxecto.
  • Creación de catro espazos efémeros, dous no territorio de Galicia Suroeste, un no territorio de Limia Arnoia e outro no territorio de Ulla Tambre Mandeo.
  • Programación cultural e gastronómica asociada a cada espazo.
  • Estratexia de comunicación multicanle: web, redes sociais, materiais gráficos e audiovisuais.
  • Recopilación de metodoloxías que permitirán replicar o modelo noutros territorios.
  • Evento final de presentación de resultados.




Queres participar no Espazo Efémero de Tui?

Celebrarase entre os días 9 e 12 de outubro, ambos incluídos.

Para participar será necesario

  • Cumprir cos requisitos das bases reguladoras.
  • Remitir a través de correo electrónico (info@eurural.gal) o formulario de participación e a declaración responsable con data límite o 24 de setembro de 2026.
  • O número de prazas é limitado, polo que se recomenda realizar a inscrición o antes posible!




Financiamento

O proxecto Espazos Efémeros II conta cun orzamento total de 107.480,24 €, destinado á creación, implementación e difusión desta rede de espazos.

Entidades financiadoras

O proxecto de Cooperación Leader está financiado pola Unión Europea no marco da PEPAC 2023–2027, co apoio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia. 



Proxectos relacionados

Nó rural

imagen (4)

Unha iniciativa para poñer en marcha unha estratexia de relevo xeracional agrario buscando alianzas entre axentes e institucións dentro e fora dos territorios.

Saber máis

A esencia da Orixe

A esencia da Orixe_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

“A esencia da Orixe” é un evento que ten por finalidade poñer en valor e reivindicar a actividade agrogandeira e os produtos do noso rural.

Saber máis

Rede EcoComedores

Rede EcoComedores_capa
  • Compromiso
  • Infantil
  • Produto

Co proxecto Rede EcoComedores buscamos adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico.

Saber máis

Son de monte

Proxecto-SondeMonte-op
  • Recursos
  • Territorio

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte.

Saber máis

Eurochef

Eurochef_capa
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

Perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas.

Saber máis

Incorporando Ilusións

Nó rural_capa
  • Recursos
  • Territorio
  • Xuventude

Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

Saber máis

Viños das IXP de Galicia

Viños das IXP de Galicia_capa
  • Ocio
  • Produto
  • Territorio

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia.

Saber máis