Creación de bosque comestible na parroquia de Couso
- 23-24
- Non produtivo
Promotor: C.M.V.M.C COUSO Concello: Gondomar Puntuación: 56 Orzamento elixible do proxecto: 10.157,55 € Importe da axuda: 7.110,29 €
Resumo do proxecto:
O proxecto consistiu na creación dun bosque comestible no Lugar de A Torre, na parroquia de Couso, no concello de Gondomar, para a recuperación do patrimonio cultural e natural.
Grazas ao desenvolvemento do proxecto, crearon un espazo de aprendizaxe e lecer na natureza para persoas de todas as idades, seguido o modelo dun bosque comestible e co eixo central da recuperación de variedades tradicionais, silvestres e froiteiras.
Comprende unha área de 5.807m2, onde os visitantes podes coñecer as diferentes especies vexetais a través da observación dos exemplares e da consulta dos paneis informativos dotados con códigos QR para mellorar a experiencia de aprendizaxe.