Escola de Música Dixital
- 21-22
- Non produtivo
Promotor: ASOCIACIÓN BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI Concello: Tui Puntuación: 77,00 Orzamento elixible do proxecto: 77.568,34 € Importe da axuda: 69.811,51 €
Resumo do proxecto:
O proxecto consistiu na reforma dunha edificación existente para a creación dunha escola de música adaptada ás TIC. A Asociación Banda de Música Popular de Tui, contaba cunhas instalación que presentaban un importante deterioro, e solicitaron ao Leader un proxecto para mellorar estas instalacións e ao mesmo tempo, adaptalas ás novas necesidades, cun modelo pedagóxico baseado nas novas tecnoloxías e ás posibilidades que nos ofrecen, tanto para asistir a formación a distancia como para poder practicar as persoas usuarias conxuntamente, estando en ubicacións diferentes, sen necesidade de asistir ao centro para poder realizar estas actividades.
Deste xeito, a través do Leader se realizaron obras de mellora nas instalacións existentes e se dotou o espazo de tecnoloxías para poder crear unha escola de música dixital na parroquia de Guillarei, no concello de Tui.