Lavandería inclusiva e sostible
- 23-24
- Non produtivo
Promotor: CASA SANTA MARÍA DE LA ESPERANZA EXCLAVAS DE LA VIRGEN DOLOROSA Concello: Mos Puntuación: 74 Orzamento elixible do proxecto: 37.358,58 € Importe da axuda: 33.622,72 €
Resumo do proxecto:
EVD Galicia é un centro de mulleres con diversidade funcional intelectual ubicado no Concello de Mos, que funciona como residencia e centro ocupacional dando servizo a 80 usuarias.
O proxecto consistirá na adquisición de maquinaria e equipamento (lavadoras e secadoras) para a creación dunha lavandería inclusiva e sostible, na que participarán aquelas mulleres do centro interesadas en aprender e dar un servizo de lavandería desde o propio centro, coa finalidade de favorecer a autonomía das mulleres.
Durante todo o proceso, as participantes contan con persoal de apoio para formarse nas tarefas propias dunha lavandería industrial.
O obxectivo principal que se busca co proxecto é potenciar as habilidades e capacidades socio laborais das mulleres que participan e fomentar o enlace a un desenvolvemento laboral óptimo, e así ter unha oportunidade de inserción laboral.