Os Ceos de Galicia Suroeste

  • Ocio
  • Territorio
  • Turismo

Dentro das nosas prioridades de promocionar, por en valor e protexer os nosos ceos nocturnos e o dereito á observación das estrelas, poderás desfrutar de experiencias de astroturismo responsable.

Os Ceos de Galicia Suroeste

Destino Starlight "Os ceos de Fornelos de Montes e Oia - Galicia Suroeste"

Os baixos niveis de contaminación lumínica en Fornelos de Montes e Oia permiten unha visibilidade excepcional de estrelas e constelacións.

Destino Starlight

No ano 2025, como parte dun proxecto turístico impulsado por Galicia Suroeste, os ceos de Fornelos de Montes e Oia recibiron o selo de Destino Turístico Starlight, unha certificación que acredita a excelente calidade destes lugares para a contemplación dos ceos estrelados ao estar protexidos da contaminación luminosa. Trátase dun un aval científico para o que se teñen en conta parámetros coma o brillo do ceo, a transparencia atmosférica e a porcentaxe de noites despexadas.

A Fundación Starlight, unha entidade de ámbito internacional vinculada ao Instituto Astrofísico de Canarias, creou este sistema de certificación para acreditar aqueles espazos que posúen unha excelente calidade do ceo, que representan un exemplo de protección e conservación e que incorporan a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico. 

Este sistema de certificación está apoiado pola UNESCO, a Organización Mundial do Turismo (UNWTO) e a Unión Astronómica Internacional (IAU). Os Destinos Turísticos Starlight son lugares que desfrutan de excelentes calidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.

Miradoiro astroturístico de Torroña

Froito da cooperación entre entre Galicia Suroeste, o Concello de Oia e a Comunidade de Montes en Man Común de Burgueira, este equipamento, localizado en Torroña, permite a veciñanza así como persoas visitantes e turistas desfrutar dun espazo específicamente deseñado para a contemplación e observación do ceo de Oia.

Miradoiro astroturístico de A Laxe

A colaboración entre Galicia Suroeste, o Concello de Fornelos de Montes e a Comunidade de Montes en Man Común de A Laxe fixo posible a dotación deste equipamento, localizado en A Laxe, na Serra do Suído, lugar onde o ceo conserva unha pureza excepcional, permitindo a veciñanza así como a persoas visitantes e turistas desfrutar dun espazo específicamente deseñado para a contemplación e observación do ceo de Fornelos de Montes.



Ciclo "Os ceos de Galicia Suroeste"

Un ciclo de 14 experiencias únicas para iniciarse na observación dos ceos de Galicia Suroeste está a piques de comenzar.

Calendario de eventos

Mos – 5 sep – 22:00
Baiona – 7 sep – 22:00
Redondela – 12 sep – 21:45
Tui – 14 sep – 21:30
Gondomar – 20 sep – 21:15
Soutomaior – 26 sep – 21:15
Tomiño – 3 out – 21:00
O Porriño – 4 out – 21:00
O Rosal – 10 out – 21:00
Oia – 11 out – 21:00
A Guarda – 12 out – 21:00
Nigrán – 24 out – 21:00
Fornelos de Montes – aprazado ata novo aviso
Pazos de Borbén – 8 nov - 20:00

Información de interese

  • O punto de encontro para o desenvolvemento das actividades será enviado a cada unha das persoas participantes logo da súa inscrición.
  • Leva roupa cómoda e de abrigo en abundancia (nalgunhas noites pode ser interesante ata un gorriño e unhas luvas)
  • Esterilla ou manta para sentarse ou tumbarse no chan
  • Lanterna, que pode ser a do móbil.
  • Calzado apropiado e cómodo para desprazarse.


Xornada "Galicia Porta de Entrada do Eclipse"

A xornada celebrarase no Centro Cultural de Torroña, na parroquia de Burgueira o 5 de maio.

Programación

A actividade está dirixida tanto á profesionais do turismo como á veciñanza, medios de comunicación e persoas interesadas na protección e promoción dos ceos de calidade, e terá como temática principal a eclipse que se poderá observar o vindeiro 12 de agosto.

09:00 a 09:15 Benvida da Alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

09:15 a 11:00 Charla/Coloquio “Astronomía básica de unha eclipse e observación segura”, por Begoña Estévez e Antonio Pazos.

11:00 a 11:15 Presentación oficial e institucional da xornada coa Directora de Promoción de Turismo de Galicia, María del Carmen Pita, coa Alcaldesa de Oia, Cristina Correa e coa Presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González.

11:15 a 11:35 Descanso.

11:35 a 12:35 “Fotografía da Eclipse”.

12:45 a 14:00 Mesa redonda, “Implicacións sociais da eclipse”, coa participación de Ana Vázquez, CEO de Alecrín Natura, de Martín Outumuro, consultor en EOSA Consultores e membro do equipo redactor da Estratexia de Turismo de Galicia Suroeste, e de Borja Tosar, Atrofísico e divulgador.

16:00 a 18:00 Práctica de fotografía da eclipse e observación solar. Simulacro da eclipse.

18:00 Peche da xornada de divulgación. 

.



Proxectos relacionados

Club de produto

IMG-20260623-WA0000
  • Produto
  • Territorio
  • Turismo

Un mecanismo de colaboración que aglutina empresas, organizacións e institucións da cadea de valor turística e do sector primario para facilitar a comercialización de experiencias turísticas, potenciar unha oferta conxunta e mellora a visibilidade dos produtos e servizos do territorio.

Saber máis

Ruralmente

GSO003_RURAL-web1.2b
  • Ocio
  • Produto
  • Territorio

Unimos forzas para impulsar e dar visibilidade ao produto local cunha mirada posta na innovación, a calidade e o recoñecemento DOP/IXP. Formación, información e desenvolvemento ao servizo do noso territorio.

Saber máis

Festas Sostibles

Proxecto-FestasSostibles-op
  • Compromiso
  • Produto
  • Territorio

No noso compromiso coa sustentabilidade, poñemos en marcha prácticas responsables co medio ambiente, a economía local e a sociedade na organización de eventos gastronómicos.

Saber máis

Parte de ti

Cartel CAMPAÑA 2026 HORIZONTAL (1) (1) (1)
  • Persoas
  • Produto
  • Territorio

Mostramos proxectos moi interesantes que tes ao teu carón de concellos como A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño ou Tui.

Saber máis

Eureka

Eureka
  • Familias
  • Ocio
  • Territorio

Xogo dixital de escapismo ao aire libre no Xeodestino Galicia Suroeste! Mergúllate nunha emocionante aventura chea de enigmas en plena natureza, con divertidas probas deseñadas para gozar en familia.

Saber máis

Foro da Muller Rural Galega

Proxecto-ForodaMuller
  • Divulgación
  • Persoas
  • Territorio

Iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.

Saber máis

Escola Eu Rural

ProyectoHorizontal-op
  • Formación
  • Recursos

A ESCOLA EU RURAL é un instrumento do GDR concibido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e ás persoas traballadoras e colectivos sociais implicados no medio rural.

Saber máis

Creando Rural

Proxecto-CreandoRural-op
  • Divulgación
  • Familias
  • Infantil

O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural implicando a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna.

Saber máis

O teu Xacobeo

Proxecto-TeuXacobeo-op
  • Divulgación
  • Ocio
  • Produto

O proxecto xera experiencias positivas a través da música, organizando actuacións de grupos locais, en espazos emblemáticos do noso territorio, que están chamadas a ser un lugar de encontro e desfrute para a poboación local e para as persoas que visitan Galicia Suroeste para percorrer o Camiño de Santiago.

Saber máis