Ruralmente
- Ocio
- Produto
- Territorio
Ruralmente é unha agrupación formada polo GDR Galicia Suroeste Eu Rural, o GDR Limia-Arnoia e o GDR Valle del Ambroz. Unimos forzas para impulsar e dar visibilidade ao produto local cunha mirada posta na innovación, a calidade e o recoñecemento DOP/IXP. Formación, información e desenvolvemento ao servizo do noso territorio.
Programación 2025
Un espazo único de debate e coñecemento o 6 e 7 de agosto na Casa da Costa, en Xunqueiras, Pazos de Borbén.
Xornada técnica - 6 de agosto
17:00 h: Apertura institucional
17:10 h: Conferencia "O Mundo Indiano"
17:50 h: Mesa 1 "Os grupos de desenvolvemento rural e o seu papel como dinamizadores territoriais"
18:20 h: Mesa 2 "O valor dos produtos rurais, tradición, cultura e marca"
20:00 h: Degustación de produtos e visita guiada pola Casa da Costa
Peche do espazo ás 22 horas.
Xornada divulgativa e formativa - 7 de agosto
10:00 h: Apertura de actividades
Obradoiros de elaboración de pan, cerámica e visita teatralizada para nenas e nenos entre as 10 e as 14 horas.
11:30 h: Pasarúas da Banda Musical de Goián
12:00 h: Acto institucional
13:00 h: Actuación musical e sesión vermú con degustación de produtos
Peche do espazo ás 16 horas
19:00 h Apertura de actividades
Acción promocional de exaltación de produto local e posta en valor da enogastronomía para a creación sinerxias e colaboracións no desenvolvemento rural e turístico, con degustación de produtos, música e cociña en directo.
Peche do espazo ás 22:00 horas.
Programación 2026
Regresa Ruralmente con 3 novas xornadas formativas no noso territorio.
A importancia das marcas de calidade na transformación e comercialización de produtos agroalimentarios - 19 de maio
Casa Cultural de Xunqueiras, Pazos de Borbén
15:00: Recepción de asistentes e apertura do acto a cargo do alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero.
16:00: Charla coloquio entre as persoas participantes na experiencia Ruralmente da casa da Costa e o persoal técnico de Galicia Suroeste.
19:00: Pausa café
19: 30: Presentación do documental "Ruralmente – A Casa da Costa”.
20:00: Rogos e preguntas
Fin da xornada ás 22:00.
As experiencias como novos produtos vinculados á producción e á transformación agroalimentaria no rural - 20 de maio
Centro Multiusos de Arcade, Soutomaior
09:30: Recepción de participantes.
09:45: Apertura Institucional a cargo de representantes do Concello de Soutomaior e de Galicia Suroeste.
10:00: "Fogar do Santiso, Cociña con Cultura".
10:50: "Airas Moniz, Sustentabilidade, futuro, natureza, calidade e paixón", a cargo de Ana Vázquez Márquez, CEO de Airas Moniz.
11:40: Pausa café.
12:00: "Casa Grande de Xanceda, unha aventura ecolóxica", a cargo de Guillermo Martínez, Director - Xerente de Casa Grande de Xanceda.
12:50 a 13:50: Conversa ao redor do Club de Produto de Galicia Suroeste, coas intervencións do equipo técnico de Galicia Suroeste, de Silvia Cernadas, Concelleira de Soutomaior e de Adolfo Neira, de Eosa Consultores.
Fin xornada de mañá ás 14:00.
16:00: Visita de estudo e experiencia enoturística en Adega Noelia Bebelia, con Simón Barcia, copropietario da Adega Noelia Bebelia.
Fin xornada de tarde ás 19:00.
Primeiros pasos para vender online - 21 de maio
Centro Sociocultural da Rúa Camilo José Cela, Tui
Unha xornada intensiva dirixida a persoas emprendedoras, produtoras e iniciativas do ámbito rural que queiran fortalecer a súa marca, mellorar a súa presenza dixital e aprender a comunicar e vender os seus produtos ou servizos de maneira estratéxica.
09:30: Recepción de participantes
09:45: Apertura institucional a cargo do Concello de Tui e de Galicia Suroeste.
BLOQUE 1 · 10:00 h
CREAR MARCA E VENDER ONLINE
Impartido por Noelia Estévez e Lara Díaz, de Estudo Desoños.
10:00 h · Estratexia e deseño de marca
Traballaremos os fundamentos necesarios para construír unha marca sólida, coherente e diferenciadora.
- Como crear unha plataforma de marca.
- Identidade visual e verbal: elementos clave no deseño dunha marca memorable.
- O manual de marca: estrutura, aplicación práctica e utilidade no día a día.
- Como transmitir autenticidade e conectar co público desde os valores do proxecto.
10:45 h · Pausa café
11:00 h · Deseño e desenvolvemento de Ecommerce
Introdución práctica ao desenvolvemento dunha tenda en liña adaptada ás necesidades de pequenos proxectos e iniciativas rurais.
- Técnicas de investigación de persoas usuarias.
- Introdución ao Service Design e á experiencia de cliente.
- Usabilidade e experiencia de usuario (UX).
- Prototipado básico de solucións dixitais.
- Estrutura e contidos clave dunha ecommerce efectiva.
Ademais, abordaranse cuestións técnicas e estratéxicas fundamentais:
- Comparativa entre Shopify, WooCommerce e PrestaShop.
- Hosting, dominios e certificados SSL.
- Pasarelas de pago e métodos de envío.
A sesión completarase con exemplos reais e casos de éxito de proxectos desenvolvidos no ámbito rural.
BLOQUE 2 · 12:00 h
FERRAMENTAS DE MARKETING DIXITAL
Impartido por Beatriz Losada e Marina Belloch, de MA Agencia.
Plan de marketing dixital
- Identificación do cliente potencial.
- Definición dun produto ou servizo rendible.
- Estratexia de comunicación e investimento.
- Priorización de accións e canles dixitais.
Redes sociais e influencer marketing
- Estratexias de contido adaptadas a proxectos locais.
- Como crear comunidade arredor da marca.
- Colaboracións con creadoras de contido e microinfluencers.
- Ferramentas para planificar e medir resultados.
Publicidade dixital
- Meta Ads e Google Ads (SEM).
- Segmentación de públicos.
- Creación de anuncios efectivos.
- Outras canles de interese: LinkedIn, Pinterest e WhatsApp.
Estratexias de fidelización dixital
- Email marketing e automatizacións.
- WhatsApp Business como ferramenta comercial.
- Captación e fidelización de clientes.
- Boas prácticas e ferramentas recomendadas.
A sesión incluirá casos reais e exemplos de estratexias dixitais 360º aplicadas a proxectos do ámbito rural.
14:00 h · Fin da xornada de mañá
BLOQUE 3 · 16:00 h
OBRADOIRO PRÁCTICO DE MARCA
Un espazo participativo no que cada persoa asistente poderá traballar directamente sobre o seu propio proxecto.
Ao longo do obradoiro desenvolverase unha primeira versión da plataforma de marca de cada iniciativa, aplicando os coñecementos adquiridos durante a mañá de forma práctica e guiada.
Traballarase sobre aspectos como:
- A esencia e personalidade da marca.
- Valores, propósito e relato.
- Público obxectivo e posicionamento.
- Ton de comunicación.
- Diferenciación e coherencia visual.
Ademais, compartiranse dinámicas, ferramentas e recursos prácticos para seguir desenvolvendo a marca unha vez rematada a formación.
O obradoiro busca que cada participante saia da sesión con ideas claras, materiais de traballo e unha visión máis estratéxica e profesional do seu proxecto.
18:00 h · Visita a Ideas Peregrinas
Visita ás instalacións de Ideas Peregrinas, no Casco Histórico de Tui, da man de Mónica e Silvana Crisóstomo, CEOs do proxecto.
Un encontro para coñecer de primeira man unha iniciativa referente en innovación, turismo e emprendemento cultural no territorio.
19:30 h · Peche da xornada da tarde