Escola Eu Rural
- Formación
- Recursos
A ESCOLA EU RURAL é un instrumento do GDR concibido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e ás persoas traballadoras e colectivos sociais implicados no medio rural. A través da ESCOLA prográmanse e coordínanse accións de formación, difusión e sensibilización dirixidas a ampliar o nivel de coñecemento e capacitación da poboación e dos actores locais en materias diversas relacionadas co desenvolvemento rural, como son a produción agraria e forestal, a dinamización e diversificación socioeconómica do territorio, o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación ou a conservación dos recursos e a sostibilidade ambiental.
Curso de Risoterapia
- Escola Eurural
- Formación
- Gondomar
- Tomiño
Curso de Risoterapia nos concellos de Tomiño e Gondomar, co organizado polo CRD Vontade e o Concello de Gondomar dentro do Programa +Xuntas da Deputación de Pontevedra.
Saber máis