Eureka
- Familias
- Ocio
- Territorio
Eureka foi unha actividade dixitalizada na que só se necesitabas un teléfono e conexión a internet para poder coñecer a fondo cada un dos Concellos participantes

Un proxecto innovador que buscou proporcionar experiencias en diferentes destinos permitindo desestacionalizar o turismo. Poñendo en valor a historia, patrimonio e cultura do territorio. Deste xeito fortalecemos a conexión entre a comunidade local e o visitante.
Obxectivos:
- Deseñar un ciclo de escape rooms que destaquen a historia e o patrimonio de cada un dos 14 concellos que forman parte de Galicia Suroeste.
- Deseñar circuitos adaptados as características de cada concello.
- Crear probas de lóxica e enigmas contextualizados coa cultura local, personaxes históricos, etc.
Beneficios:
- Promoción do turismo local.
- Valorización do patrimonio cultural.
- Participación activa en actividades lúdicas e educativas.
- Estímulo do sentido de pertenza.