Galicia Suroeste reactiva a Escola Eurural ofrecendo dous cursos de risoterapia que darán comezo a mediados do mes de setembro.


Os cursos de risoterapia serán impartidos en Gondomar e Tomiño, coa co organización do CRD Vontade e o Concello de Gondomar.

Galicia Suroeste reactiva a Escola Eurural ofrecendo dous cursos de risoterapia que darán comezo a mediados do mes de setembro.

A Escola Eurural é unha ferramenta xerada por Galicia Suroeste para ofrecer formación de diversos ámbitos nos concellos que forman parte da entidade. Nesta ocasión, co organiza xunto o CRD Vontade de Tomiño e ao Concello de Gondomar dúas accións formativas de risoterapia, a proposta da Mesa Sectorial de Muller do GDR, presidida por Susana Rodríguez, en representa da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR.

A actividade será impartida en Gondomar, no Centro Neural do concello, todos os venres, en horario de 19:00 a 21:30 horas a partir do 19 de setembro e ata o 19 de decembro.

No caso do Concello de Tomiño, a acción desenvolverase nas instalacións do CRD Vontade, desde o 18 de setembro ata o 18 de decembro en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Para poder participar nos cursos é necesaria facer inscrición previa na web galiciasuroeste.gal. A actividade será de balde, cun custe de inscrición de 7,00€.

Os cursos están enmarcados dentro do Programa + Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, polo que está destinado preferentemente a mulleres. A inscrición pode realizarse en https://galiciasuroeste.gal/proxectos/curso-de-risoterapia

Festival Solpor en Monteferro, Nigrán (1)

Novas relacionadas

Ver todas