A Festa da Ostra de Arcade consolídase como un evento sostible e inclusivo grazas ao programa “Festa Sostible” de Galicia Suroeste
A Festa da Ostra de Arcade, organizada polo Concello de Soutomaior, viviu esta fin de semana unha edición histórica ao converterse nun referente de sostibilidade e inclusión social no marco das festas populares galegas.