Unha edición sostible e 100 % local da Festa dos Ovos Fritos con Chourizo de Nigrán, que consolida a súa certificación de Festa Sostible co apoio de Galicia Suroeste.


A última edición da Festa dos Ovos Fritos con Chourizo, celebrada este venres na Praza da Carrasca, deu un paso máis na súa traxectoria sostible coa renovación da certificación de Festas Sostibles, obtida por primeira vez en 2024.

A última edición da Festa dos Ovos Fritos con Chourizo, celebrada este venres na Praza da Carrasca, deu un paso máis na súa traxectoria sostible coa renovación da certificación de Festas Sostibles, obtida por primeira vez en 2024 no marco do programa impulsado pola Asociación Galicia Suroeste Eurural, grazas ao PSTD “A Despensa de Galicia” financiado con fondos NEXT GENERATION-UE.

Durante a celebración realizouse unha visita técnica que permitiu constatar o mantemento e mellora das boas prácticas, especialmente no uso de produto local, a minimización de residuos e unha decoración tan creativa como funcional. O menaxe empregado –pratos, vasos e cubertos– foi totalmente reciclable, e a organización continuou a reducir ao máximo a xeración de refugallos.

No plano gastronómico, a festa puxo en valor o mellor da contorna: chourizos artesáns de Embutidos Torroña (Oia), pan da Panadaría La Miñorana (Nigrán – A Ramallosa), ovos de Granjas El Rancho de Mañufe (Gondomar), viño Rectoral de Peitieiros (Gondomar) e aceite de oliva virxe extra de Aceites Abril (Ourense). Un produto 100 % galego, elaborado con moito cariño por máis de trinta persoas voluntarias que serviron arredor de 1500 racións.

A decoración volveu ser un dos sinais de identidade: paraugas de cores colgados de cordas, que ademais de crear unha atmosfera única proporcionan sombra e se reutilizan ano tras ano, consolidándose como elemento distintivo da festa.

Desde Galicia Suroeste salientan o excelente traballo da organización e animan a seguir fortalecendo este modelo de celebracións que reforzan o vínculo entre identidade, territorio e sostibilidade.

“O produto local, a elaboración con moito cariño e unha decoración reutilizable e innovadora son a esencia desta festa, que combina á perfección tradición, sabor e respecto polo medio”, destacan desde a entidade. 

IMG_2197

Galería fotográfica das Festas de 2025

GOIÁN PAZOS_1 PAZOS_2 PAZOS_3 SOUTOMAIOR_1 SOUTOMAIOR_2 SOUTOMAIOR_3 SOUTOMAIOR_4 TUI_1 TUI_2 TUI_3 TUI_4 foto_prensa thumbnail_IMG_7818 thumbnail_IMG_7861 thumbnail_IMG_7871 WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40 Festa_empanada_sostible (3) Festa_empanada_sostible (1) Festa_empanada_sostible (2) WhatsApp Image 2025-06-16 at 10.48.33 IMG_9371 IMG_9437 IMG_0438 IMG_0412 IMG_0400 PHOTO-2025-07-20-13-06-22 PHOTO-2025-07-20-13-02-05 PHOTO-2025-07-20-13-13-46 f1 Viños bodegas thumbnail_IMG_1888 thumbnail_IMG_1904 thumbnail_IMG_1920 IMG_2186 IMG_2192 IMG_2200

Novas relacionadas

Ver todas