Galicia Suroeste acada a certificación como Destino Turístico Starlight
Galicia Suroeste xa é oficialmente Destino Starlight. Logo de meses de traballo e auditorías, a Fundación Starlight acordou conceder a distinción a Galicia Suroeste polos ceos dos Concellos de Fornelos de Montes e Oia, un distintivo que destaca a calidade dos ceos e a importancia da conservación do patrimonio natural.
Este recoñecemento forma parte do programa "Os Ceos de Galicia Suroeste", que busca promover o astroturismo no territorio, atraendo visitantes que desexan gozar da observación de estrelas nun entorno natural privilexiado. O Destino Starlight ofrece a oportunidade de experimentar a beleza do firmamento, contribuíndo á sensibilización sobre a protección do medio ambiente e a importancia da conservación dos ceos nocturnos.
Os atributos que facilitaron a certificación foron a calidade dos Ceos. A escasa contaminación lumínica en Fornelos de Montes e Oia permite unha visibilidade excepcional das estrelas e constelacións: as actividades de astroturismo que se están a desenvolver iniciadas o pasado ano, onde Galicia Suroeste ofreceu un ciclo de 14 actividades para a iniciación á observación dos ceos nocturnos e que terán continuidade neste 2026 e novas actividades previstas co inicio dun novo ciclo formativo gratuíto, a través da Fundación Starlight para formar no territorio a todas aquelas persoas profesionais interesadas en acreditarse como monitoras Starlight; e o compromiso coa sostibilidade, fomentando fomenta prácticas de turismo responsable e respectuoso co medio ambiente, promovendo a conservación dos recursos naturais.
Este recoñecemento posiciona a Galicia Suroeste como un destino atractivo para amantes da astronomía e da natureza, contribuíndo ao desenvolvemento do turismo na zona e á dinamización económica das comunidades locais.
A seguinte das accións, en marcha xa para este mesmo ano será a creación dun espazo en Fornelos de Montes e Oia que permitan a observacións dos ceos, con ferramenta e elementos de interpretación. Estes observatorios estarán á disposición de todas as persoas interesadas na parroquia de A Laxe, en Fornelos de Montes, e en Torroña, parroquia de Burgueira en Oia.
Estas intervencións, ao igual que a certificación dos ceos de Fornelos de Montes e Oia, serán financiadas a través do PSTD “ A Despensa de Galicia”, NEXT GENERATION – UE, e poderán ser desenvolvidas grazas a cooperación entre Galicia Suroeste, os propios concellos e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de A Laxe en Fornelos de Montes, e Burgueira no caso do Concello de Oia. Esta colaboración público – privada demostra una vez máis a importancia da cooperación para o desenvolvemento e posta en valor dos territorios rurais.