Galicia Suroeste súmase á Campaña “Un millón de voces polo desenvolvemento rural. ¡Polo futuro dos nosos pobos!, e solicita colaboración.


Este programa ten financiado máis de 160.000 proxectos nas zonas rurais españolas, mellorando a calidade de vida, creando emprego e fortalecendo a economía local.

ELARD (Rede LEADER Europea), organizacións de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local (GAL) e cidadáns de toda España estanse unindo para defender o programa LEADER, un instrumento clave para o desenvolvemento rural do noso Estado. Este programa ten financiado máis de 160.000 proxectos nas zonas rurais españolas,  mellorando a calidade de vida, creando emprego e fortalecendo a economía local.

Por que é importante LEADER?
O programa LEADER ten demostrado o seu impacto positivo nas zonas rurais, creando emprego, revitalizando pobos e  apoiando a empresas locais. A pesar de todo, as áreas rurais seguen enfrontando desafíos como o envellecemento da poboación, a falta de servizos e as dificultades económicas. É crucial que Europa manteña o seu apoio a estas rexións.

Que estamos pedindo?
Un millón de sinaturas en toda Europa para demostrar que as políticas de desenvolvemento rural son esenciais e deben manterse con financiación suficiente e estable. No caso de España, os Grupos de Acción Local e as súas Redes Territoriais están mobilizando á cidadanía, asociacións e empresas rurais para acadar 100.000 sinaturas. 

Como podes axudar?
Asina a petición aquí: https://elard.eu/petition_es/ e comparte esta mensaxe nas túas redes. É fundamental que todos unamos forzas para garantir o futuro das nosas comunidades rurais #MyRuralFuture.

CAMPAÑA

Novas relacionadas

Ver todas