Tui acolle a segunda edición de Espazos Efémeros, un encontro de artesanía, música e innovación rural organizado por Galicia Suroeste


A iniciativa forma parte dun proxecto interterritorial de Cooperación Leader entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, que naceu para dinamizar o rural e apoiar o comercio local con novas ideas de negocio.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, en colaboración co Concello de Tui abrirán a Segunda Edición do proxecto de cooperación Leader, Espazos Efémeros. Logo dos éxitos acadados na primeira edición, que recorreron as vilas de Gondomar, Celanova e Piloña, Ponga e Porrúa en Asturias, o proxecto chega cunha nova edición cargada de novidades e durante catro días converterán a Tui nun lugar de encontro, de posta en valor do talento local e de dinamización económica, cultural e artística. 

A inauguración oficial celebrarase o venres 9 de outubro ás 17:30 horas e contará coa presenza de representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais, e estará amenizado coa actuación musical de Faía Díaz e Xan Campos.

O espazo nace para ser un escaparate de talento local que poderá ser desfrutado ata o luns día 12. Serán dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas os que se darán cita neste espazo, ofrecendo unha experiencia única para a veciñanza e persoas visitantes. O público poderá descubrir meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.

Ademais da venda directa, cada xornada incluirá obradoiros demostrativos e concertos en directo, combinando tradición e innovación.

Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui para a súaa posta en marcha.

foto_nota_EE_II

Novas relacionadas

Ver todas