Galicia Suroeste pecha o proxecto Ruralmente cunha xornada formativa sobre marca e marketing dixital en Tui
O vindeiro xoves día 21 de maio, terá lugar a xornada formativa “Creación de marca, comercialización e marketing dixital para os produtos do rural” organizada por Galicia Suroeste e o Concello de Tui.
A actividade, busca aportar coñecementos e práctica, tanto a persoas estudantes, como a emprendedoras e pequenas empresas do rural sobre a xeración de marca e marketing dixital.
Concretamente, centrará as sesións en estratexia e xeración de marca; deseño e desenvolvemento de ecommerce; ferramentas de marketing dixital e un obradoiro práctico de marca.
O caso práctico será trasladado ás instalacións de Ideas Peregrinas, onde as súas propietarias explicarán as persoas asistentes a súa experiencia vinculada coa súa marca e a ao éxito do marketing dixital que aplican
A xornada será impartida por profesionais do sector do deseño e a comunicación dixital, onde as creadoras da propia marca RURALMENTE, serán as encargadas de impartir parte das sesións teórico – prácticas.
Será unha oportunidade para as pequenas empresas e as persoas emprendedoras para adestrarse no deseño de marca e nas posibilidades que o marketing dixital aportan aos pequenos negocios do rural, abrindo moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento.
A participación na xornada será de balde. Para poder asistir, é necesario realizar unha inscrición a través do enlace https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ruralmente
O proxecto Ruralmente é financiado a través de fondos da PEPAC 2023-2027 – FEADER.