A catedral de Tui estrea iluminación este sábado


O proxecto pon en valor un dos monumentos mais emblemáticos do patrimonio galego

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste e o concello de Tui realizarán este sábado 27 o acto inaugural da renovada iluminación eficiente e artística da catedral de Santa María de Tui.

O proxecto que transforma a paisaxe nocturna da contorna e pon en valor un dos monumentos mais emblemáticos do patrimonio galego, combina tecnoloxía LED de última xeración con criterios de eficiencia enerxética, conservación patrimonial e realce artístico.

A cita será a partir das 22:30 horas, con ambientación musical na praza e as intervencións do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a presidenta de Galicia Suroeste e alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a representante institucional do xeodestino e alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; e os arquitectos que formaron parte do equipo da intervención, Manuel M. Carazo, presidente da COAG de Galicia en Vigo e redactor do proxecto e Rubén Martín, arquitecto tudense quen dirixiu a execución.

As persoas asistentes poderán descubrir finalmente nesa noite a nova iluminación, que marca un antes e un despois na forma de descubrir a catedral, reforzando a identidade cultural de Tui e o seu posicionamento na vangarda da iluminación monumental eficiente, cun deseño pensado para emocionar e para garantir a conservación do monumento ao longo prazo.

WhatsApp Image 2026-06-26 at 01.21.49

Novas relacionadas

Ver todas