Galicia Suroeste crea xunto aos concellos do Xeodestino 17 rutas ciclo turistas para o desfrute da veciñanza e visitantes e turistas.
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste e os 14 concellos que forman parte do seu ámbito de actuación poñen en marcha a dixitalización e sinalización de 17 rutas ciclo turistas para descubrir o territorio dun xeito diferente.
Grazas a esta inversión, o xeodestino conta xa cunha rede de rutas ben sinalizadas, identificadas e promocionadas, que facilitan unha maior cohesión do territorio, e pretende impulsar o turismo deportivo, vinculando deporte e paisaxe, para xerar novas experiencias turísticas sostibles e contribuír á desestacionalización, ao fomento do uso da bicicleta para minimizar a pegada de carbono, e á prestación dun servizo tanto a visitantes como á veciñanza cunha pequena estación de auto reparación de bicicletas en cada concello.
Desde Galicia Suroeste, en colaboración cos concellos realizáronse as seguintes actuacións para o deseño e implementación desde novo produto turístico.
- Recompilación e dixitalización de rutas ciclables na zona sur do territorio do Xeodestino.
- Creación de dixitalizacion e rutas ciclables na zona norte do xeodestino, espazos nos que non existían rutas ciclo turistas previas.
- Dotación a cada concello dunha pequena estación de auto reparación de bicicletas e panel informativo sobre cada unha das rutas, con acceso aos perfiles das plataformas wikiloc e Komoot, así como ao propio recomendador de rutas de Galicia Suroeste que ofrece moita mais información de interese para as persoas visitantes e turistas. https://galiciasuroeste.gal/proxectos/as-rutas-de-galicia-suroeste
- Creación dunha ruta bidireccional que comunica o Monte Aloia e o Santa Trega con panel e estación de auto reparación no Monte Aloia.
- E dixitalización e información sobre dúas grandes rutas que comunican todo o territorio. Por unha parte a ruta dixitalización do antigo Sendeiro das Greas que transcorre polos concellos da zona norte e centro do territorio; e por outra parte unha gran ruta circular que comunica aos 14 concellos de Galicia Suroeste, cun percorrido de case 250 quilómetros con inicio e fin no mercado de San Antonio en Tui.
O proxecto foi financiado a través do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “A Despensa de Galicia, no marco do “Plan de Recuperación Transformación y Resiliencia – Financiado por la Unión Europea – Next Generation EU”.