Arcade acollerá a xornada “As experiencias como novos produtos vinculados á produción e á transformación agroalimentaria no rural”


A xornada será o vindeiro mércores día 20 de maio no centro multiusos de Arcade, e contará coa participación de Casa Grande de Xanceda, Fogar do Santiso e Airas Moniz

O vindeiro mércores día 20 de maio, terá lugar a xornada formativa “As experiencias como novos produtos vinculados á produción e á transformación agroalimentaria no rural”, organizada por Galicia Suroeste e o Concello de Soutomaior.

A actividade, busca xerar un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e presentación de proxectos innovadores que están a contribuír á transformación sostible do rural galego. O obxectivo principal é crear redes, compartir coñecemento e impulsar accións que melloren a calidade de vida e as oportunidades económicas nos concellos do suroeste da provincia de Pontevedra.

Será unha oportunidade única para coñecer a aprender da experiencia de referentes como Casa Grande de Xanceda, unha das explotacións ecolóxicas máis recoñecidas de Galicia, que destaca polo seu compromiso coa agricultura ecolóxica, o benestar animal e a innovación no rural. Combina tradición e modernidade e desenvolve programas educativos, visitas guiadas e iniciativas de sensibilización que achegan o rural á sociedade; Fogar do Santiso,  un dos proxectos gastronómicos máis singulares e recoñecidos, pioneiro na defensa da cociña ecolóxica, da soberanía alimentaria e da sustentabilidade aplicada á restauración, e Airas Muniz, queixería recoñecida tanto en Galicia como fóra dela polos seus queixos artesáns de autor. Un modelo exemplar de como combinar tradición, identidade territorial e innovación para crear un produto único, abalado por numerosos premios a todos os niveis.

Xa durante a sesión de tarde, a xornada trasladarase ás instalacións da Adega Noelia Bebelia, onde as persoas asistentes poderán desfrutar dunha experiencias enogastronómica e coñecer este proxecto vitivinícola que destaca pola súa aposta pola viticultura sostible, a recuperación de variedades tradicionais e a elaboración de viños que expresan con autenticidade o carácter do territorio. Ao fronte 

 A participación na xornada será de balde. Para poder asistir, é necesario realizar unha inscrición a través do enlace https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ruralmente

O proxecto Ruralmente é financiado a través de fondos da PEPAC 2023-2027 – FEADER.

Noeliabebelia1

Novas relacionadas

Ver todas