A Festa da Chanfaina e da Carne do Suído consolídase como exemplo de celebración sostible da man de Galicia Suroeste.


Éxito de participación nesta festa, onde as persoas asistentes puideron degustar as excelentes carnes que se crían no Suído, cun menú completamente baseado no produto local e de proximidade.

A XXI edición da Festa da Chanfaina e da Carne do Suído, celebrada este domingo no municipio de Fornelos de Montes, reafirmou o seu compromiso cun modelo de celebración tradicional e sostible grazas ao acompañamento do proxecto Festas Sostibles da Asociación Galicia Suroeste Eurural, financiado a través do PSTD "A Despensa de Galicia" con fondo PRTR NEXT GENERATION - UE.

Durante a festa realizouse unha visita técnica que permitiu identificar boas prácticas e avanzar no proceso de certificación como evento sostible promovido polo programa. A implicación da veciñanza, o coidado na selección dos produtos e a atención á redución de residuos foron claves nesta edición.

Entre os aspectos máis destacados figura o uso de materiais biodegradables e sostibles, como pratos de cartón e cubertos de madeira dun só uso, así como a instalación dun punto de auga gratuíto na barra, que permitiu reducir o uso de envases. 

A festa contou cun equipo de voluntariado ambiental composto por catro persoas, que se encargaron da correcta separación dos residuos xerados. Destaca especialmente a autoxestión dos residuos orgánicos, que foron recollidos por veciñas e veciños para alimentar aos seus animais ou para facer compostaxe doméstica, evitando así o seu traslado a vertedoiro ou planta de tratamento.

No eido gastronómico, a festa puxo en valor dous produtos identitarios da comarca: a chanfaina, unha longaniza feita artesanalmente coas partes máis nobres do porco, e a carne do Suído, procedente do ganado criados en liberdade na serra, preparados á brasa con receita tradicional. Todo o menú completouse con ovos da zona, doces caseiros e pan de forno.

A organización da festa correu a cargo do Concello de Fornelos de Montes e do tecido asociativo local, que levan anos mantendo viva esta celebración como símbolo do vínculo entre territorio, tradición e sostibilidade.

Desde Galicia Suroeste agradecen a excelente disposición da organización, do Concello de Fornelos de Montes e de todas as persoas colaboradoras, e animan a continuar camiñando cara a un modelo de festas que conecten identidade, medio ambiente e ruralidade.

“Cada festa que aposta pola sostibilidade está a contribuír a un cambio máis amplo, que conecta identidade local, coidado do medio e futuro do rural”, sinalan desde Galicia Suroeste.

PHOTO-2025-07-20-13-06-22

Galería fotográfica das Festas de 2025

GOIÁN PAZOS_1 PAZOS_2 PAZOS_3 SOUTOMAIOR_1 SOUTOMAIOR_2 SOUTOMAIOR_3 SOUTOMAIOR_4 TUI_1 TUI_2 TUI_3 TUI_4 foto_prensa thumbnail_IMG_7818 thumbnail_IMG_7861 thumbnail_IMG_7871 WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40 Festa_empanada_sostible (3) Festa_empanada_sostible (1) Festa_empanada_sostible (2) WhatsApp Image 2025-06-16 at 10.48.33 IMG_9371 IMG_9437 IMG_0438 IMG_0412 IMG_0400 PHOTO-2025-07-20-13-06-22 PHOTO-2025-07-20-13-02-05 PHOTO-2025-07-20-13-13-46 f1 Viños bodegas thumbnail_IMG_1888 thumbnail_IMG_1904 thumbnail_IMG_1920 IMG_2186 IMG_2192 IMG_2200

Novas relacionadas

Ver todas