A Festa da Langosta dá os primeiros pasos cara a un modelo máis sostible da man do Programa Festa Sostible de Galicia Suroeste.


A Festa da Langosta e a Cociña Mariñeira é a sétima Festa Sostible certificada das catorce que certificará Galicia Suroeste neste 2025.

A XXXIII Festa da Langosta e da Gastronomía Mariñeira, celebrada esta fin de semana na Guarda, deu este ano os seus primeiros pasos cara á sostibilidade grazas á colaboración co programa programa Festa Sostible, financiado co Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, “PSTD A DESPENSA DE GALICIA”, impulsado por Galicia Suroeste.

Durante o desenvolvemento da festa realizouse un acompañamento técnico que incluíu a formación ao equipo de limpeza, a revisión das infraestruturas, a análise da contedorización dispoñible e visitas técnicas aos postos de restauración participantes. O obxectivo foi identificar boas prácticas e detectar aspectos mellorables que sirvan para avanzar nas vindeiras edicións.

Entre os aspectos positivos observados destaca o uso maioritario de materiais compostables ou reciclables (papel, madeira) nos postos de comida, a presenza de produto local e de tempada como o polbo, os viños ou a langosta, e tamén a decoración reutilizada nalgúns postos, como o de O Roxo, que emprega redes e elementos mariñeiros doutras edicións. Tamén foi salientable a xestión autónoma dos residuos por parte de algúns postos, como no caso exemplar da Adega Gran Novas coas botellas de vidro.

Galicia Suroeste quere agradecer ao Concello da Guarda a súa boa disposición e vontade de mellora, así como o esforzo de todos os postos, traballadoras e traballadores implicados na festa. A colaboración entre toda as partes permite avanzar paso a paso cara a unha festa máis respectuosa co medio e co territorio.

IMG_9437

Galería fotográfica das Festas de 2025

GOIÁN PAZOS_1 PAZOS_2 PAZOS_3 SOUTOMAIOR_1 SOUTOMAIOR_2 SOUTOMAIOR_3 SOUTOMAIOR_4 TUI_1 TUI_2 TUI_3 TUI_4 foto_prensa thumbnail_IMG_7818 thumbnail_IMG_7861 thumbnail_IMG_7871 WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40 Festa_empanada_sostible (3) Festa_empanada_sostible (1) Festa_empanada_sostible (2) WhatsApp Image 2025-06-16 at 10.48.33 IMG_9371 IMG_9437 IMG_0438 IMG_0412 IMG_0400 PHOTO-2025-07-20-13-06-22 PHOTO-2025-07-20-13-02-05 PHOTO-2025-07-20-13-13-46 f1 Viños bodegas thumbnail_IMG_1888 thumbnail_IMG_1904 thumbnail_IMG_1920 IMG_2186 IMG_2192 IMG_2200

Novas relacionadas

Ver todas