A Festa da Ostra de Arcade consolídase como un evento sostible e inclusivo grazas ao programa “Festa Sostible” de Galicia Suroeste


A transformación foi posible grazas á súa adhesión ao programa “Festa Sostible”, unha iniciativa impulsada por Galicia Suroeste, que ten como obxectivo acompañar aos concellos do territorio na evolución das súas celebracións cara a modelos máis responsables co medio ambiente e coas persoas.

A Festa da Ostra de Arcade, organizada polo Concello de Soutomaior, viviu esta fin de semana unha edición histórica ao converterse nun referente de sostibilidade e inclusión social no marco das festas populares galegas. A transformación foi posible grazas á súa adhesión ao programa “Festa Sostible”, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Galicia Suroeste, que ten como obxectivo acompañar aos concellos do territorio na evolución das súas celebracións cara a modelos máis responsables co medio ambiente e coas persoas.

Durante os días 4, 5 e 6 de abril, activáronse múltiples medidas ambientais e sociais que permitiron minimizar o impacto da festa no contorno natural da Ensenada de San Simón, espazo protexido incluído na Rede Natura 2000. Entre as accións máis destacadas están:

  • A instalación de puntos de reciclaxe sinalizados con pictogramas accesibles para facilitar a separación correcta de residuos.
  • A presenza dun equipo de 6 persoas voluntarias, mozas de 20 anos, que recibiron unha formación participativa en normativa ambiental europea, economía circular e habilidades para o traballo en grandes eventos. Estas persoas voluntarias actuaron nas zonas de maior concentración de xente, especialmente no espazo onde habitualmente se realiza botellón, repartindo bolsas reutilizables, informando sobre a correcta separación do lixo e motivando á mocidade a colaborar co dispositivo sostible.
  • A difusión de mensaxes de concienciación ambiental nas redes sociais do concello.
  • A inclusión de pictogramas informativos en paneis e sinais da festa, converténdoa tamén nun evento inclusivo para persoas con discapaciodade e dificultades de comprensión lectora.

Estas accións foron posibles grazas á implicación activa do Concello de Soutomaior, que facilitou todos os recursos necesarios e coordinou co equipo técnico de Galicia Suroeste o desenvolvemento das medidas. “Desde o primeiro momento, o Concello comprometeuse co programa e coidou cada detalle para que a festa fose un éxito tamén desde o punto de vista ambiental e social”, sinalou o representante institucional de Xeodestino e alcalde de Pazos de Borbén Luciano Otero, que compartiu xunto a outros representantes dos concellos que forman parte do Xeodestino a mañan do domingo, amosando así o apoio conxunto dos 14 concellos a cada unha das festas sostibles que este ano estanse a certificar..

A iniciativa tamén contou cunha excelente resposta da veciñanza e dos expositores da festa, que colaboraron na separación de residuos e amosaron interese polas medidas propostas. “É moi importante que as festas reflictan os valores que queremos construír como sociedade. Aquí houbo tradición, gastronomía… pero tamén conciencia, respecto e participación”, comentou unha das persoas voluntarias que participou no dispositivo.

O programa “Festa Sostible” está a aplicarse nos 14 concellos que forman parte do Xeodestino grazas ao impulso do GDR Galicia Suroeste, que traballa desde o territorio para que as festas populares evolucionen sen perder a súa esencia. No caso de Arcade, a Festa da Ostra converteuse xa nun modelo de referencia, demostrando que é posible manter a identidade e ao mesmo tempo coidar do planeta e das persoas.

foto 2 rrss

Galería fotográfica das Festas de 2025

GOIÁN PAZOS_1 PAZOS_2 PAZOS_3 SOUTOMAIOR_1 SOUTOMAIOR_2 SOUTOMAIOR_3 SOUTOMAIOR_4 TUI_1 TUI_2 TUI_3 TUI_4 foto_prensa thumbnail_IMG_7818 thumbnail_IMG_7861 thumbnail_IMG_7871 WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40 Festa_empanada_sostible (3) Festa_empanada_sostible (1) Festa_empanada_sostible (2) WhatsApp Image 2025-06-16 at 10.48.33 IMG_9371 IMG_9437

Novas relacionadas

Ver todas