Galicia Suroeste realizará xunto ao Concello de Nigrán unha intervención de rexeneración na Foz do Miñor.


O Concello ven de solicitar as autorizacións sectoriais necesarias para intervir neste espazo protexido pola Rede Natura 2000, e as obras serán acometidas tan pronto se teña o visto favorable das administracións implicadas.

Galicia Suroeste mantense á espera das autorizacións solicitadas polo Concello de Nigrán, para poder acometer as obras de rexeneración e mellora dos problemas de inundación no entorno da Ramallosa, no Concello de Nigrán.

O Concello e a entidade teñen colaborado estreitamente na redacción do proxecto desta intervención, que ademais de mellorar cuestións ambientais e estruturais da baixada á Fonte da Ramollosa, na marxe dereita da Foz do Miñor, tamén suporá unha mellora estética para este entorno de gran valor paisaxístico, recreativo e ecolóxico.

Esta mesma semana, o rexedor de Nigrán, Juan González realizou unha visita á zona de intervención acompañado pola Presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, e alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Representante Institucional do Xeodestino, e alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero.

No encontro ademais de intercambiar informacións sobre os avances do proxecto, que será financiado na súa totalidade a través do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos da Unión Europea – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation, Juan González puxo de manifesto o súa satisfacción por acadar que este proxecto se acometa en Nigrán, posto que o entorno da Foz do Miñor é un espazo de especial protección e inmenso valor que aporta ao Xeodestino un recurso natural e turístico único.

Concretamente a intervención consistirá  na rehabilitación dunha zona do paseo marítimo, que ademais de garantir ás condicións de seguridade e conforto para as persoas usuarias, repercutirá nunha mellora estética que dará aínda máis valor ao entorno. 

Contempla a desmontaxe da varanda de aceiro, a demolición do forxado de lousa e pavimentos existentes, o lavado e saneado dos muros e a retirada e recolocación do banco existente. Tamén se actuará a nivel superior coa remodelación do pavimento con materiais que permitan a visión da parte inferior onde se atopa a antiga fonte, cunha combinación de madeira, aceiro e cristal, e recolocación de baranda e banco que crearán un miradoiro agradable para todas as persoas usuarias deste espazo. 

A maiores instalarase un sistema de balizamento con iluminación LED que axude a garantir a seguridade, utilizando diferentes cores de aviso para os momentos nos que o espazo sexa inundado polas mareas, e tamén se dotará un sistemas de drenaxes tanto para augas como para os depósitos de sedimentos e áridos

 Coa execución deste proxecto, Galicia Suroeste  e os concellos avanzan para acadar un turismo máis sostible e respectuoso co medio, actuando en espazos de alto valor natural que constitúen un referente ecolóxico e paisaxístico que fan do territorio un destino turístico diversificado, que avoga pola desentacionalización e pola redistribución dos fluxos turísticos entre os 14 concellos que forman parte do Xeodestino.

thumbnail_IMG_6718 (1)

Novas relacionadas

Ver todas