Mos avanza cara a un modelo de festa máis sostible e consciente co territorio da man de Galicia Suroeste.


Sexta Festa Sostible certificada das catorce que certificará Galicia Suroeste neste 2025.

A Festa da Empanada do Pan de Millo, enmarcada dentro da Festa da Rosa do Concello de Mos, deu este ano un paso firme cara á sostibilidade. O evento, organizado en colaboración co Concello e coa Asociación de Mulleres Rurais de Mos, integrou múltiples medidas que o sitúan como exemplo inspirador para outras festas populares.

Desde o programa Festa Sostible, financiado co Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, “PSTD A DESPENSA DE GALICIA”, impulsado por Galicia Suroeste, realizouse unha visita técnica para observar e acompañar a implantación das boas prácticas ambientais durante o transcurso da festa. A valoración foi moi positiva. Todos os postos do recinto foron construídos en madeira reutilizable, con deseño coidado e unha imaxe coherente, evitando estruturas efémeras e xeración de residuos innecesarios. Ademais, utilizouse cartelería reutilizada doutras edicións, demostrando un compromiso real coa redución de materiais dun só uso.

A oferta gastronómica destacou pola súa vinculación ao territorio: todos os produtos eran de proximidade, e a empanada de pan de millo actuaba como eixo identitario da celebración. Tamén se implantou o uso de vasos reutilizables, moi ben recibidos tanto polo público como pola organización, que amosou entusiasmo coa súa chegada e coa estética que aportan ao evento.

Un dos aspectos máis salientables foi a xestión dos residuos. Non se colocaron papeleiras convencionais repartidas polo recinto, senón que se apostou por un único punto de entrega, ben sinalizado e atendido por dúas persoas formadas durante o propio evento. Esta medida facilitou a correcta separación e garantiu un control efectivo dos fluxos de residuos, nun ambiente de colaboración tanto coas persoas asistentes como co persoal dos postos de comida e bebida, que comprenderon perfectamente a mecánica establecida para este ano.

Outra boa práctica destacada foi a visibilidade do punto de auga potable, claramente sinalizado desde o acceso principal ao recinto, o que favorece o uso de botellas reutilizables e reduce o consumo de envases plásticos.

Galicia Suroeste quere recoñecer a excelente disposición do Concello de Mos e da Asociación de Mulleres Rurais de Mos, que demostraron unha actitude exemplar e aberta á mellora continua. A intervención desenvolvida durante a festa foi cualificada como “frutífera e moi ben coordinada”.

WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40

Galería fotográfica das Festas de 2025

GOIÁN PAZOS_1 PAZOS_2 PAZOS_3 SOUTOMAIOR_1 SOUTOMAIOR_2 SOUTOMAIOR_3 SOUTOMAIOR_4 TUI_1 TUI_2 TUI_3 TUI_4 foto_prensa thumbnail_IMG_7818 thumbnail_IMG_7861 thumbnail_IMG_7871 WhatsApp Image 2025-06-16 at 11.00.40 Festa_empanada_sostible (3) Festa_empanada_sostible (1) Festa_empanada_sostible (2) WhatsApp Image 2025-06-16 at 10.48.33 IMG_9371 IMG_9437 IMG_0438 IMG_0412 IMG_0400 PHOTO-2025-07-20-13-06-22 PHOTO-2025-07-20-13-02-05 PHOTO-2025-07-20-13-13-46 f1 Viños bodegas thumbnail_IMG_1888 thumbnail_IMG_1904 thumbnail_IMG_1920 IMG_2186 IMG_2192 IMG_2200

Novas relacionadas

Ver todas